Ourense Cidade

O Concello fai un chamamento de apoio ao Comercio Local

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, apoia ao sector comercial nas súas reivindicacións para concienciar aos consumidores ourensáns da necesidade de “invertir a ilusión do Nadal no comercio de proximidade, no noso Comercio”

ondacero.es

Ourense | 03.12.2018 14:06

peche comercio local
peche comercio local | onda cero ourense

O Concello de Ourense fai un chamamento de apoio ao Comercio Local: “Mercando en Ourense facemos cidade”. De feito, o rexedor ourensán, Jesús Vázquez Abad matiza que “toda acción para visibilizar as reivindicacións do Comercio Local, un sector que crea emprego e riqueza na nosa cidade, contará sempre co apoio deste Goberno Municipal. E o mellor exemplo que podemos dar é mercando na nosa cidade”.

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, apoia ao sector comercial nas súas reivindicacións para concienciar aos consumidores ourensáns da necesidade de “invertir a ilusión do Nadal no comercio de proximidade, no noso Comercio, para fomentar que os consumidores ourensáns merquen no Comercio Local ourensán. Mercando no Comercio de Ourense, facemos cidade”.

O rexedor ourensán avanza que mañá será presentada a ambiciosa programación de Nadal do Concello, cun gran esforzo centrado na dinamización das áreas comerciais da cidade. “Non podemos deixarnos caer no exceso. Cada un brilla da maneira que quere e nós optamos por facelo con luz propia. Con sentidiño”, sinala Vázquez Abad, que recalca que “nós pensamos fundamentalmente nas familias e nos cativos, con actividades para todos e todas”